Baia Edicions: 12 books

Cover of Orballo da mañá...
by David D. Vázquez Álvarez
Language: Galician
Release Date: May 22, 2015

O barco, no que Lisa ía regresar ao seu país despois das vacacións, agardaba no porto de Casablanca cheo de luces, de bandeiras de cores, de música... No fondo sentía moito deixar alí á súa amiga, que coñecera soamente unhas semanas atrás... no entanto unha parte da súa alma ficaba mesturada...
Cover of Xela volveuse vampira!!
by Fina Casalderrey
Language: Galician
Release Date: December 14, 2017

Con esta colección pretendemos romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres. Finalista do Premio Xosé Neira Vilas ao mellor...
Cover of A reconquista
by Antía Yáñez
Language: Galician
Release Date: November 22, 2018

Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018). No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.
Cover of Os Dereitos Humanos
by Beatriz Fernández Herrero
Language: Galician
Release Date: February 16, 2015

A presente Guía de Educación nos Dereitos Humanos establece os seguintes obxectivos xerais: Transmitir unha información básica e axeitada ao nivel evolutivo-moral do alumnado de 2º e 3º cilcos de Educación Primaria sobre os Dereitos Humanos. Evidenciar a correlación dereitos-deberes, favorecendo...
Cover of Ninguén nace antetempo
by David D. Vázquez Álvarez
Language: Galician
Release Date: December 26, 2013

O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria. Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe...
Cover of A illa do silencio
by David D. Vázquez Álvarez
Language: Galician
Release Date: March 15, 2017

A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu berce na procura dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos anos do século XVI, unha época marcada polas guerras e as pandemias. Embarca o mozo nunha...
Cover of Améndoas e flores silvestres
by David D. Vázquez Álvarez
Language: Galician
Release Date: May 25, 2015

Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza...
Cover of Na solaina
by David D. Vázquez Álvarez
Language: Galician
Release Date: June 2, 2015

Alguén explicou, unha vez, que envellecer viña sendo o mesmo que escalar unha gran montaña durante toda unha vida. A medida que se ascende faise máis lento e traballoso o camiño, pero, en troques, a mirada vólvese libre e a vista que ante nós se ofrece resulta dunha amplitude totalmente descoñecida,...
Cover of Unha pantasma branca
by Fina Casalderrey
Language: Galician
Release Date: March 1, 2019

Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea. De súpero,...
Cover of Miña querida Sherezade
by Andrea Maceiras
Language: Galician
Release Date: December 5, 2014

Gañadora do 6º PREMIO MEIGA MOIRA DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés...
Cover of Violeta tamurana
by Andrea Maceiras
Language: Galician
Release Date: August 10, 2013

"Novela gañadora do IV Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (2010). As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar...
Cover of O segredo do lagarto arnal
by Andrea Maceiras
Language: Galician
Release Date: December 26, 2013

Despois de dársenos a coñecer coa súa primeira novela, Violeta tamurana, gañadora do IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, Andrea Maceiras sorpréndenos de novo cunha obra que procura, tamén nesta ocasión, romper cos tabús e achegarnos a unha realidade vista aínda co...
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy