Author: | Marcos Calveiro | ISBN: | 9788499148274 |
Publisher: | Edicións Xerais | Publication: | February 12, 2015 |
Imprint: | Edicións Xerais | Language: | Galician |
Author: | Marcos Calveiro |
ISBN: | 9788499148274 |
Publisher: | Edicións Xerais |
Publication: | February 12, 2015 |
Imprint: | Edicións Xerais |
Language: | Galician |
Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de todos os que alí malviven. Rapaces como Efrén, Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas. Cando aparece Silencio, un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar atrás.