A merla de trapo

Kids, Fiction, Chapter Books, Intermediate, Teen, Fantasy and Magic, Fiction - YA
Cover of the book A merla de trapo by Antón Cortizas, Edicións Xerais
View on Amazon View on AbeBooks View on Kobo View on B.Depository View on eBay View on Walmart
Author: Antón Cortizas ISBN: 9788499147703
Publisher: Edicións Xerais Publication: November 17, 2014
Imprint: Edicións Xerais Language: Galician
Author: Antón Cortizas
ISBN: 9788499147703
Publisher: Edicións Xerais
Publication: November 17, 2014
Imprint: Edicións Xerais
Language: Galician

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra.A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

More books from Edicións Xerais

Cover of the book Fóra do normal by Antón Cortizas
Cover of the book O Brindo de ouro I by Antón Cortizas
Cover of the book Settecento by Antón Cortizas
Cover of the book Dende o conflito by Antón Cortizas
Cover of the book Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (ebook) by Antón Cortizas
Cover of the book O paxaro do mel by Antón Cortizas
Cover of the book En salvaxe compaña by Antón Cortizas
Cover of the book Chamábase Luis by Antón Cortizas
Cover of the book Usha by Antón Cortizas
Cover of the book O único que queda é o amor by Antón Cortizas
Cover of the book A alternativa está aquí by Antón Cortizas
Cover of the book Recinto Gris by Antón Cortizas
Cover of the book Cos pés no aire by Antón Cortizas
Cover of the book Salitre by Antón Cortizas
Cover of the book O tesouro da lagoa de Reid'Is by Antón Cortizas
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy