Author: | Ramón Carredano Cobas | ISBN: | 9788491211747 |
Publisher: | Edicións Xerais | Publication: | February 20, 2017 |
Imprint: | Edicións Xerais | Language: | Galician |
Author: | Ramón Carredano Cobas |
ISBN: | 9788491211747 |
Publisher: | Edicións Xerais |
Publication: | February 20, 2017 |
Imprint: | Edicións Xerais |
Language: | Galician |
Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis sin-gulares e divertidos da nosa narrativa actual.