A música dos seres vivos

Fiction & Literature, Action Suspense
Cover of the book A música dos seres vivos by María Reimóndez, Edicións Xerais
View on Amazon View on AbeBooks View on Kobo View on B.Depository View on eBay View on Walmart
Author: María Reimóndez ISBN: 9788499147352
Publisher: Edicións Xerais Publication: June 18, 2015
Imprint: Edicións Xerais Language: Galician
Author: María Reimóndez
ISBN: 9788499147352
Publisher: Edicións Xerais
Publication: June 18, 2015
Imprint: Edicións Xerais
Language: Galician

Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos. Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.

More books from Edicións Xerais

Cover of the book Conta nove estrelas by María Reimóndez
Cover of the book A dúbida by María Reimóndez
Cover of the book Bala Perdida by María Reimóndez
Cover of the book Desde unha estrela distante by María Reimóndez
Cover of the book Mil cousas poden pasar. Libro I by María Reimóndez
Cover of the book Todos somos by María Reimóndez
Cover of the book Sol de Inverno by María Reimóndez
Cover of the book O corazón de Xúpiter by María Reimóndez
Cover of the book Ámote Leo A. Terminal de... chegadas? by María Reimóndez
Cover of the book Singamia 1.1 by María Reimóndez
Cover of the book Ás de bolboreta by María Reimóndez
Cover of the book Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (ebook) by María Reimóndez
Cover of the book Todo o tempo do mundo by María Reimóndez
Cover of the book Infamia by María Reimóndez
Cover of the book En vías de extinción by María Reimóndez
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy