Rosa Aneiros: 7 books

Book cover of Ás de bolboreta
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: December 1, 2015

Na "Luzada", a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai...
Book cover of Resistencia
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: May 15, 2013

Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa...
Book cover of Sol de Inverno
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: March 14, 2013

Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos...
Book cover of Ámote Leo A. Estación de tránsito
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: February 13, 2014

Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses...
Book cover of Ámote Leo A. Terminal de... chegadas?
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: May 21, 2014

«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos...
Book cover of Orestes perde o sentido
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: February 14, 2019

Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese...
Book cover of Ámote Leo A. Destino Xalundes
by Rosa Aneiros
Language: Galician
Release Date: May 14, 2015

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil...
We use our own "cookies" and third party cookies to improve services and to see statistical information. By using this website, you agree to our Privacy Policy